EMPRENDER NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS

Desde a Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, axudamos a emprendedores interesados en poñer en marcha o seu proxecto, no ámbito territorial da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. 


Desenvolvemos diferentes actividades, encamiñadas a facilitar a xeración e posta en marcha de iniciativas emprendedoras
  • Formación e asesoramento.
  • Acompañamento técnico e titorización de proxectos.
  • Apoio técnico para o cooperativismo e a economía social.
  • Facilitar o acceso a financiamento para a posta en marcha.
  • Facilitar o acceso a viveiros para o emprendemento.


Si estás interesado en que te axudemos, ponte en contacto con nos para solicitar cita previa.