Medida Leader 2014-2020

Convocatoría de axudas Leader 2014-2020

Presentación de solicitudes
En relación co proxecto que pretendan realizar, os promotores dirixirán a solicitude de axuda ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo o modelo normalizado que se incorpora a estas bases reguladoras como anexo II e que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na
páxina web de Agader.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da  Xunta de Galicia: PREMA AQUÍ
A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365: PREMA AQUÍ
As persoas non obrigadas á presentación electrónica (persoas físicas e autónomos), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR a que vaian dirixidas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, que estará a dispor dos interesados nas respectivas sedes dos GDR. Estas persoas tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e deberán, unicamente neste caso, dirixir as solicitudes a Agader, coa finalidade de que sexan remitidas pola axencia aos grupos de desenvolvemento rural destinatarios delas.
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
  • Na páxina web de Agader: Prema aquí
  • Na guía de procedementos e servizos: Prema aquí
  • No teléfono 981 54 73 62 (Agader).
  • Na sede e na páxina web da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos: Prema aquí

Para máis información consulta as bases reguladoras no seguinte enlace :

Presentación de solicitudes
Aínda que a nivel galego o número de GDR diminuíu de 31 a 24, o ámbito de “Mariñas-Betanzos” manterá practicamente a mesma extensión que no anterior período (2007-2013).
O ámbito territorial a efectos do Programa LEADER que corresponde sería o do GDR 23: ABEGONDO, ARANGA, ARTEIXO, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE, CARRAL, COIRÓS, CULLEREDO, CURTIS, IRIXOA, OLEIROS, OZA-CESURAS, PADERNE E SADA.
No serán subvencionables os proxectos localizados nas entidades singulares de poboación de máis de 6000 habitantes (Arteixo,Betanzos,Perillo e Sada).